Servizos

Tradutores especializados

Absolute conta cun completo equipo de servizos de tradución nun amplo número de idiomas: galego, castelán, inglés, francés, italiano, catalán, portugués, alemán...

Así mesmo, temos moitos anos de experiencia no campo da revisión estilística, gramatical e ortográfica de textos divulgativos, técnicos e literarios. Todos os nosos servizos de redacción e revisión están suxeitos a estritos controis de calidade. O obxectivo é obter textos claros e fluídos, con corrección gramatical e ortotipográfica, empregando a terminoloxía adecuada e precisión semántica, mantendo fidelidade absoluta cos contidos orixinais.

A nosa maneira de traballar

Garantimos a máxima CALIDADE

  • Valoración inicial do proxecto.
  • Máxima colaboración co cliente en canto a planificación e desenvolvemento do traballo: prazos de entrega, formato...
  • Selección do mellor profesional ou profesionais especializados para cada temática. Aquí resulta fundamental traballar sempre con tradutores profesionais nativos.
  • Revisión final dos proxectos, asegurándonos de que o nivel e a calidade dos resultados son os requiridos.

Servicios de Tradución e Revisión

Tipos de traducións

  • Traducións técnicas
  • Tradución de páxinas web
  • Tradución xurada
  • Traducións textos divulgativos

Tipos de revisións

  • Revisión estilística
  • Revisión gramatical e ortográfica
  • Revisión ortotipográfica
  •  
Garantir a máxima calidade implica levar un control absoluto
sobre todos os procesos necesarios para realizar un proxecto de tradución ou revisión lingüística.


Menú