Absolute Tradutores

Absolute Traductores

Quen somos


A nosa empresa, Absolute Tradutores, posúe máis de 15 anos de experiencia en todos os eidos da tradución e o asesoramento lingüístico. As linguas, en todas as súas facetas, literaria, académica, administrativa, comercial, técnica..., son a nosa profesión e tamén a nosa paixón, polo que lles dedicamos todo o noso esforzo na procura dun servizo de máxima calidade cara aos nosos clientes.

Desde Santiago de Compostela, levamos moito tempo contando cos recursos, o persoal e a experiencia para coordinar de maneira profesional calquera proxecto en calquera idioma: inglés, francés, portugués, italiano, alemán, galego, castelán...

Por suposto, os nosos colaboradores son sempre profesionais nativos con ampla experiencia no ámbito das traducións e coñecedores das peculiaridades e diferentes usos das súas linguas maternas, así como do contexto cultural dos distintos países. Desta maneira, as traducións sempre resultarán axustadas á realidade dos idiomas e totalmente adaptadas ao rexistro e á temática.

Ademais de tarefas de tradución, estamos especializados en proxectos de revisión e redacción de textos, colaborando continuamente con empresas do eido editorial e de publicacións divulgativas.

Os nosos clientes, de Galicia e de fóra de Galicia, contan coa nosa confianza grazas a anos de colaboración responsable e ao trato exquisito que merecen.

Motivos para traballar con nós

Formalidade

Formalidade e seriedade en todas as fases de calquera proxecto no que nos comprometamos. Formalidade na elección do tradutor ou tradutora adecuado, no cumprimento nos prazos de entrega e na calidade dos resultados, polo que os clientes poden estar totalmente tranquilos.

Flexibilidade en canto a prezos e prazos

Nós, como empresa, sabemos que non sempre se dispón dos mesmos recursos para desenvolver os proxectos e que, non obstante, o mercado exixe en todo momento unhas altas expectativas de calidade na realización dos traballos.

Compromiso e calidade

Somos conscientes de que ofrecer calidade é o único camiño para acadar os obxectivos que buscamos. Poñémonos no lugar do cliente e asumimos os seus proxectos como algo persoal e fundamental para nós, comprometéndonos con el.

Estrita confidencialidade no tratamento da documentación.



Menú